O novo edificio de viaxeiros da estación de tren de Santiago abrirá o vindeiro mércores
SANTIAGO

A estrutura incorpora a denominación da terminal «Santiago de Compostela-Daniel Castelao»
19 jun 2025 . Actualizado á 21:28 h.O edificio de viaxeiros da estación de tren de Santiago entrará en servizo o mércores da semana que vén, día 25. Así o anunciou este mércores nas súas redes sociais o delegado do Goberno, Pedro Blanco, quen acompañou o anuncio de varias fotografías da nova estrutura en cuxo acceso principal, a través da pasarela, xa é visible a nova denominación da intermodal: Santiago de Compostela-Daniel Castelao. Coa apertura do edificio, o complexo só queda pendente do novo aparcadoiro na chaira que ocupa o actual.
Tanto Pedro Blanco como o PSOE compostelán subliñaron que a apertura do novo edificio representa o compromiso do Goberno central con Compostela. «É unha magnífica nova para Santiago e ademais unha mostra moi evidente do compromiso do Goberno de España coa nosa cidade», sinalou Sindo Guinarte.