Acenderán o «lume sagrado» no Pico Sacro o día 22

La Voz

SANTIAGO

Cedida

Recuperan de xeito simbólico a tradición

19 jun 2025 . Actualizado á 04:55 h.

Domingo 22 • 13 horas • Pico Sacro (Boqueixón) • O Pico Sacro de Boqueixón acollerá este domingo a cerimonia do «lume sagrado». A celebración estará encabezada pola raíña Alda e o seu séquito, que recuperará de xeito simbólico a tradición ancestral na festa do solsticio de verán a través da obtención do lume directamente do sol.

Todos aqueles que queiran sumarse á representación de xeito activo poden solicitar traxes de época no 981 513 061.