
O adestrador do Obradoiro admite que o segundo encontro do domingo en Sar ante o Palencia será «unha película completamente diferente»
16 may 2025 . Actualizado a las 23:26 h.Félix Alonso, adestrador do Obradoiro, comezou a súa valoración do partido ante o Palencia agradecendo ao equipo o tremendo apoio que recibiu da súa afección. «Foi unha vitoria de carácter, de crer constantemente que podíamos gañar o partido, a pesar do mal inicio provocado polos nosos erros e o gran acerto do noso rival, que converteu sete de oito triples. Sufrimos moito no rebote e démoslles moitas ocasións de segundo tiro. Despois, soubemos contrarrestar este inicio, aínda que sabiamos que o seu acerto na segunda metade no podía ser igual. De tódolos xeitos, a porcentaxe de tres puntos foi moi alta, de 14 de 25. No terceiro cuarto volvemos entrar e conseguimos rematar un punto por diante. Xa no último cuarto xogamos o noso mellor baloncesto. Estivemos moito máis intensos e acertados no rebote. Estou moi contento de como foi este primeiro partido».
Insiste: «Non acertamos dende a liña de tres. Anotamos máis de dous que de tres. Levamos a cabo un traballo colectivo moi importante. Fixemos moitas cousas ben. Agora hai que axustar algúns detalles e tentar recuperarnos ben fisicamente. O partido do domingo vai ser unha película completamente diferente. Imos 1-0 e o Palencia vai saír convencido de empatar. Estou completamente seguro que non lles vai afectar en absoluto o resultado do primeiro encontro».
Luís Guil
O adestrador do Palencia, Luís Guil, tras a conclusión do primeiro partido ante o Obradoiro, recoñece estar «moi satisfeito polo traballo, o comportamento e o compromiso dos xogadores, aínda que decepcionado polo resultado. Controlamos a situación en moitos momentos do encontro ante un grandísimo equipo como é o Obradoiro, con trece xogadores de moi alto nivel». Destaca «dous detalles fundamentais no desenlace do partido: o número de faltas e as numerosas perdas de balón, algo que debemos controlar para o próximo partido».
MARCADORES PLAY OFF
1º PARTIDO RESULTADO
Estudiantes-Gipuzkoa 83-71
Fuenlabrada-Tizona Burgos 92-62
Real Betis-Cartagena (prórroga) 95-94
Obradoiro-Palencia 87-83