O Xallas feminino, campión de liga na Segunda División da Costa

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO LA VOZ / SANTIAGO

SANTIAGO

No ultimo partido goleou ao Brexo Lema (4-1) cun hat trick de Olalla Antelo

12 may 2025 . Actualizado á 18:17 h.

O Xallas feminino acabou o curso co máximo premio e celebrou o título de campión de liga na Segunda División da Costa. No ultimo partido goleou ao Brexo Lema (4-1). Fíxoo ante a presenza duns 500 afeccionados no campo municipal da Fontenla, nunha xornada de festa. As xogadoras de Eloy García lograron o ascenso nunha gran segunda parte e cun hat trick de Olalla Antelo. Noelia García asinou o outro tanto do cadro verde.

 

BASILIO BELLO

O Pastoriza, que quedou a tres puntos do Xallas e que tamén ascendeu, arroiou ao Silva (10-0) na data final do campionato. O Xallas, con 20 tantos encaixados, foi o equipo menos goleado do pelotón.