As cantareiras, da man de Malores Villanueva nos Luns do Ateneo en Santiago

La Voz

SANTIAGO

Oscar Vázquez

A cita será esta tarde, ás 19.30 horas

12 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

19.30 horas • Rúa do Vilar, 19 • O Ateneo de Santiago dedícalle ao Día das Letras Galegas a sesión desta semana de Os Luns do Ateneo. A conferencia, baixo o título «Eu cantar, cantar, cantei. As cantareiras e a poesía popular oral», estará impartida por Malores Villanueva, crítica literaria, editora e doutora en Filoloxía pola USC.

Na conferencia proporá unha viaxe polas formas poéticas orais que as mulleres galegas transmitiron durante xeracións a través do canto.