O festival Escenas do Cambio baixa o pano cun proxecto de Mercedes Peón a través de Youtube
SANTIAGO

Tamén se poderán ver as montaxes de Vacaburra e Amalia Fernández
11 may 2025 . Actualizado á 04:55 h.A Escena
Escenas do Cambio
O festival impulsado desde a Cidade da Cultura pecha hoxe edición con catro propostas. Ás 11 horas, abrirá a instalación «Ruído», de Ça Marche no Edificio Cinc. Ás 13 horas, na Sala Eisenman, Vacaburra ofrecerá un adianto da súa peza «Familia Nijinska». Xa pola tarde, a madrileña Amalia Fernández ofrecerá «Solala» (18 horas, Salón Teatro). E o broche será cunha peza a través de Youtube de Mercedes Peón (20.30 horas).