Tres firmas da área de Santiago, elixidas nun plan de internacionalización da Xunta e Tecnópole
SANTIAGO

Son a tecnolóxica Macrotest, a adega Lodeiros e Artio Nutrición as incluídas no programa Galicia Avanza
07 may 2025 . Actualizado á 05:05 h.Tres empresas de Santiago e a súa área metropolitana foron seleccionadas para internacionalizar os seus produtos ou servizos innovadores a través do programa Galicia Avanza, da Xunta e Tecnópole, o parque tecnolóxico de Galicia. Trátase de Macrotest, de Santiago, unha tecnolóxica con máis de 20 anos de experiencia en desenvolvemento de software e transformación dixital, que expón levar o seu servizo de migración de grandes volumes de datos á nube principalmente a Florida e México. A outra compostelá en Adegas Lodeiros, especializada en vermú galego prémium, que busca consolidar a súa presenza en Alemaña, Suíza, Latinoamérica e Estados Unidos.
A outra seleccionada é Artio Nutrición, do Pino, que elabora bebidas isotónicas naturais a base de auga de mar das Cíes, e busca crecer en mercados do Golfo Pérsico, Estados Unidos, Centroeuropa e Xapón.