Inaugúrase esta tarde no Museo do Pobo e poderá verse ata o 2 de febreiro
15 ene 2025 . Actualizado á 04:55 h.19 horas • Museo do Pobo • O claustro alto do Museo do Pobo acollerá ata o 2 de febreiro a mostra «Louza de Bamio: memoria, mulleres e territorio». Trátase dunha homenaxe á tradición oleira da parroquia de San Xinés de Bamio, en Vilagarcía. Nela, ademais, resáltase a importancia de revitalizar a memoria colectiva dun oficio desaparecido.