Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Curtocircuíto despídese en Compostela cunha choiva de premios

P. C. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Paco Rodríguez

O festival de cine internacional rematou coa proxección da obra favorita do público desta edición, «Las novias del sur» de Elena López Riera

07 oct 2024 . Actualizado a las 04:50 h.

Coa proxección do filme favorito do público («Las novias del sur» de Elena López Riera) rematou onte a vixésimo primeira edición do festival internacional de cine Curtocircuíto en Compostela. No Teatro Principal tamén se deron a coñecer durante a gala de clausura o resto dos premiados: «It Will Be Better Before» de Keto Kipiani (mellor película); «Exit Through the Cuckoo's Nest» de Nikola Ilic (a máis innovadora); «Las novias del sur» de Elena López Riera (tamén mellor obra española); «Pura» de Carmen Méndez (Premio Supernova e Cátedra Cruz Vermella-USC); «Humedalia» de Irene Saenz Carballeira (Premio Planeta GZ); «For Here Am I Sitting in a Tin Can Far Above the World» de Gala Hernández (Premio Xurado Novo); e «Fontes» de Mario Elías Blanco Boullosa e Andrea Rodríguez Regodeveses (Premio #OutraCompostela).

A clausura desta edición deixou bo sabor de boca. O director do festival, Pela del Álamo, valorou esta edición coma «un éxito de público, tanto pola cantidade de asistentes como pola conexión e interese pola programación e este novo modelo máis curatorial»; e, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, cualificou o festival de «referente na procura e na exhibición de talento audiovisual, galego e internacional. Compostela ten a sorte de contar cun espazo interdisciplinario como este», dixo.