O CRA do primeiro municipio pasa a integrar catro escolas infantís padronesas
22 ago 2024 . Actualizado á 10:32 h.A Consellería de Educación informou onte as datas de inicio do próximo curso escolar nas etapas de Infantil e Primaria, así como dos datos provisionais de matrícula e unidades nas devanditas niveis. Deu a coñecer, ademais, as adaptacións que realiza cada ano atendendo ás dinámicas poboacionais, sinalando que centros decide manter en funcionamento e cales non.
Por outra banda, Educación tamén informou de que o Colexio Rural Agrupado de Dodro (CRA) pasará a integrar as Escolas de Educación Infantil (EEI) de Arretén, A Escravitude, Extramundi de Arriba e A Ponte (Educación refírese a esta última como a de Pontecesures, pero non o é). As catro escolas están no municipio de Padrón. O novo centro agrupado pasará a denominarse CRA de Dodro-Padrón.
A integración faise, sinala a consellería, para facilitar un mellor funcionamento e co obxectivo de que, ao funcionar como un único centro, conten con máis e mellores recursos e desenvolvan proxectos en común.
O CRA de Dodro está integrado, na actualidade, por catro escolas do municipio: Bexo, Laíño, Lestrobe e Vigo. Foi creado en 2005 e ten a súa sede administrativa en Imo, que alberga tamén a biblioteca. Esta sede é, ademais, o punto de encontro da comunidade educativa. Nas escolas impártese o segundo ciclo de Infantil, de tres a seis anos, en aulas mixtas.
O Concello de Padrón expresou onte a súa satisfacción pola integración das escolas padronesas no Colexio Rural Agrupado de Dodro. Asegura que o proceso comezou no curso 2022-2023 e que supón «fortalecer a educación no rural», un dos principais valores do Concello, aseguran desde este. Por iso, «agradece a todas persoáseas institucións a súa implicación «para facer realidade este avance», que permitirá que o CRA de Dodro-Padrón funcione como un único centro, coa mellora de recursos que iso supón, ademais de desenvolver proxecto educativos en común.