O Ordes afronta o partido de volta cun gol de vantaxe

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO LA VOZ / SANTIAGO

SANTIAGO

MARCOS CREO

O Sigüeiro, filial do Compostela, e Noia, con pé e medio na final da Copa do Sar

30 may 2024 . Actualizado á 18:11 h.

Os dous partidos das semifinais do play off polo ascenso á Preferente Galicia concluíron con idéntico resultado (1-0). O Ordes marcou na primeira parte ante o Cordeiro. Manu Santiso, no 38, asinou o único tanto do duelo que se celebrou no campo municipal de Vista Alegre. O conxunto verde espera facer bo este marcador mínimo ante un rival que mantivo unha gran regularidade durante a fase inicial do campionato no grupo segundo. Este encontro de volta entre o Cordeiro e o Ordes celebrarase o domingo a partir das oito da tarde no campo municipal de Baño, en Valga.

O Puebla tamén puido sacar adiante pola mínimo o seu enfrontamento contra o Carral, aínda que tivo que agardar o minuto 90. Víctor Molinos decantou a balanza a favor do equipo do Caramiñal. A volta será o domingo a partir das cinco e media da tarde.

Goleou o Sigüeiro

Na Copa do Sar (edición número 56) os dous grandes favoritos teñen pé e medio na final tras resolver con solvencia o encontro de ida da semifinais. O Sigüeiro goleou a domicilio ao Luaña (1-5) e o Noia superou sen grandes sobresaltos ao O Pino (3-0).

O final do Compostela chegará ao duelo de volta cunha vantaxe case insalvable para o Luaña, tras os goles de Óscar Remuiñán, Marcelo Munín, Jorge Parcero, na primeira parte, Hugo Álvarez e Aldán Naval, no segundo período. O tanto da honra do Luaña foi obra de Martín Pérez á media hora de xogo. A volta será no Liño Balado de Sigüeiro este domingo a partir das sete da tarde.

O Noia, que venceu na ida con goles de André, Marcos e Julián, visitará no campo de Reboredo ao O Pino, o domingo ás sete. En cuartos de final, o Noia desfíxose do Tordoia. O gol do pichichi Alberto Fraga non foi suficiente para os locais. Pola súa banda, o Sigüeiro liquidou os cuartos con outra goleada: 1-4 no campo do Aguiño, con tantos de Álvaro Facal (2) e Cristian Linares (2). O O Pino dobregou á Artes (1-2) e o Luaña superou en campo alleo ao Dodro nos penaltis (0-0 e 3-4).

 Fútbol en Santiago

Na Copa Cidade de Santiago, os enfrenamientos dos cuartos de final celebraranse o domingo: Gallaecia-San Pedro (17.00 horas, na Mercé de Conxo), Santa Marta-Atlético Fátima (19.00, tamén en Conxo), Victoria FC-Racing de San Lorenzo (no campo municipal do Sergas) e Amio-Sporting Santiago (18.00, tamén no Sergas).

Adestrador do Tordoia

A próxima tempada 2024-2025, o primeiro equipo do Tordoia estará dirixido por Alberto Pallas. Natural de Queixas (Cerceda), coñece ben estas cores xa que os vestiu como xogador durante varias campañas no equipo que conseguiu o ascenso a Primeira Rexional. Agora regresa a casa para facerse cargo da parte técnica tras dirixir ao xuvenil do Bergantiños na liga Nacional.