San Miguel de Sarandón abre a Festa do Viño con catas e moitas visitas

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

CEDIDA

Fran Cañotas ofrecerá o pregón antes de  que se dean a coñecer os premios aos mellores caldos

14 abr 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

A Festa do Viño dá Ulla arrincou onte a que promete ser outra exitosa edición, xa que no seu primeiro día de actividade o campo da festa de San Miguel de Sarandón encheuse de vida vitivinícola, con doce adegas servindo os seus caldos horas despois de que moitos deles participasen na cata oficial para seleccionar os viños de referencia da Subzona do Ulla de Rías Baixas.

O pazo Vista Alegre acolleu de novo a cata oficial da que hoxe se dará a coñecer o seu veredicto, o que permitirá ás miles de persoas que adoitan achegarse ata a festa adquirir os caldos con algún dos premios, xa que as doce adegas presentes en San Miguel de Sarandón (Pazo Arretén, Gómez e Rial, Marecaste, Castro de Balar, Chouzal, Mar de Envero, Lixeles, Barallobre, Adega Valdés, Casa do Sol, Castro Brey e Adega María Manuela) reservaron para a venda ao redor de dez mil botellas de Rías Baixas do Ulla. A participación nun feira complementaria de todos os concellos con chan amparado pola subzona (Vedra, Padrón, Teo, Boqueixón, Touro, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces) para promocionar os seus atractivos turísticos permitiu a un público maioritariamente da contorna coñecer algúns espazos próximos antes de gozar das actuacións musicais.

Hoxe, ademais da entrega de premios e o pregón de Fran Cañotas, a música correrá a cargo de Faiscas de Pontagra, O Fiadeiro, Festicultores Troupe, Rebeldía e Familia Caamagno.