O Obradoiro Ames da Liga EBA sumou unha nova vitoria a costa do Universidade de Oviedo (79-57)

LA VOZ SANTIAGO

SANTIAGO

Sandra Alonso

O equipo compostelán é cuarto, con 14 vitorias e 10 derrotas

25 mares 2024 . Actualizado ás 19:41 h.

O Obradoiro Ames demostrou unha gran solidez no seu xogo para derrotar ao penúltimo clasificado, o Universidade de Oviedo, por 79-57, nun encontro da Liga EBA que controlou desde o salto inicial e que remachou no tramo final.

O filial obradoirista conseguiu abrir unha primeira renda no arranque, a base dun xogo coral no apartado ofensivo, que acadou a decena de puntos no intermedio (37-28). Foi tras o descanso cando o Obradoiro Ames comezou a sentenciar a contenda. Subiu a puntería exterior, apartado no que o cadro preparado por Martín Guerreiro non destacou, e a base de intensidade defensiva rompeu o encontro para lograr un triunfo amplo. Os composteláns son cuartos, con 14 vitorias e 10 derrotas.

Anotadores

Xogaron e anotaron polo Obradoiro Ames: Souto (10), Cambón, Bocca (13), González (2) e Diahame (17) -quinteto inicial-; Taboada (9), Pinas (0), Pérez (3), Soneira (4), Serra (7), Harguindey (14) e Sama (0).

Outro resultado

O USC Obradoiro, que milita na primeira división autonómica, derrotou ao Novobasket por 91-56, en encontro adiantado da xornada nove da segunda fase. Lidera o grupo B1.