O ximnasio Squash felicita a unha das súas profesoras tras gañar un novo campionato galego de pádel

P. C. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

Alicia Seijas subiu ao banzo máis alto do podio na categoría de maiores de 35 anos xunto con Tamara Aranda

29 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha profesora do ximnasio Squash está de parabén, tras sumar un novo podio autonómico. Alicia Seijas proclamouse campioa galega de pádel na categoría de maiores de 35 anos xunto con Tamara Aranda . «A súa dedicación e talento levárona a acadar este título unha vez máis», destacaban desde o club deportivo con sedes en Santiago e O Milladoiro (Ames).