O Consello da Cultura presentou unha nova publicación en Santiago

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O terceiro volume da colección «Papés d'emprenta condenada», que pecha un ciclo de 25 anos editando impresos e manuscritos cos que a lingua galega entrou no século XIX

08 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Consello da Cultura Galega presentou onte o terceiro volume da colección Papés d'emprenta condenada, obra que pecha un ciclo de 25 anos editando impresos e manuscritos cos que a lingua galega entrou no século XIX durante Prerrexurdimento. No acto participaron a presidenta da institución, Rosario Álvarez; Xosé López García, catedrático de Xornalismo na USC e promotor da colección; e os autores da publicación Ramón Mariño Paz e Damián Suárez.