Santiago xa é a segunda cidade galega con máis ingresos de pacientes por covid

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Oito pacientes reciben coidados críticos no Hospital Clínico

26 ene 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Os ingresos por covid aumentan en Santiago. Xa son 99, 4 máis que antonte, e é a segunda cidade galega con máis ingresos por esta nova doenza, os mesmos que Vigo e só menos que na Coruña. Oito reciben coidados críticos no Clínico. E 91 están noutras unidades de hospitalización, 89 no CHUS e 2 en HM Rosaleda. Desde o 22 de febreiro do 2021 non había tantas persoas internadas por esta enfermidade.

Na área sanitaria trátanse por covid 10.288 persoas. A maioría, 1.189, áchanse nos seus domicilios. Nas últimas 24 horas o Sergas notificou 771 novos contagios e 1.293 persoas curadas de covid. Realizáronse 1.876 probas diagnósticas para detectar novos positivos. E comunicouse unha nova morte, dun home de 82 anos, ingresado no CHUS.

En Santiago, Ames, Dodro, Melide, Negreira, O Pino, Ordes, Padrón, Santa Comba, Toques, Touro, Trazo e Val do Dubra descenden os novos casos activos de covid-19 detectados nos últimos 14 e nos últimos 7 días, segundo comunicou o Sergas. Son 13 dos 25 municipios da área metropolitana. Só en Frades e Boqueixón aumentan en ambos os períodos. En Santiago descenden por segundo día consecutivo, ata 3.630 casos novos diagnosticados os últimos 14 días e 1.638 deles na última semana. O municipio que presenta a mellor evolución é Ordes.