O Millaraio paladea cinco medallas autonómicas

Miriam García
M. G. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Cedida

Alfonso Labella sitúase sétimo no ránking nacional sub 18 de martelo

03 mares 2021 . Actualizado ás 23:39 h.

A canteira do Millaraio segue producindo. O club paladea cinco medallas conseguidas en campionatos de Galicia, cunha participación moi destacada no de lanzamentos de inverno, disputado en Pontevedra. Alfonso Labella foi o gran dominador en martelo sub 16, a pesar de empezar con dous nulos. Conseguiu unha mellor marca de 44,46 metros que lle deu o título e sitúao en sétimo lugar no ránking nacional. Tamén se proclamou subcampión galego en xavelina, mentres que o seu compañeiro Pablo Cariñena foi bronce en disco, modalidade na que Lucas Lesmes acabou en cuarta posición.

Daniel Cariñena, bronce en 200 metros, e David García, bronce en salto de altura, completaron a colleita de medallas para o Millaraio, neste caso no Campionato de Galicia de Pista Cuberta en categoría sub 18.

Diego Liñares e Matías Barca metéronse na final de sesenta metros, na que acabaron en quinta e en sétima posición, respectivamente.

No de Campeoanto de Galicia de Combinadas sub 20, Laura Barbazán quedou ás portas do podio.