A Policía Autonómica recibe seis vehículos para medio ambiente

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Sandra Alonso

Nos últimos anos o Goberno galego renovou a flota da unidade con 75 automóbiles

12 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, participaron onte no acto de entrega de seis novos vehículos «todocamiño» para este corpo de seguridade.

Trátase de vehículos destinados ás unidades ambientais da Policía Autonómica, especialmente equipados para tarefas levadas a cabo no monte e nas praias, e facilitarán a investigación dos axentes en accións contra o medio ambiente, o furtivismo, e o marisqueo ilegal, ou en apoio ás intervencións dos servizos de Protección Civil.

Nos últimos anos o Goberno galego renovou a flota da Policía Autonómica con 75 novos vehículos. Só nos últimos meses foron entregados a esta unidade trece vehículos para uso policial: dúas furgonetas «todocamiño», un vehículo camuflado, catro «todocamiño» híbridos para patrullas de medio ambiente e patrimonio que prestan servizo nas distintas rutas do Camiño de Santiago, e as seis unidades entregadas onte, segundo informou a Xunta.