Francisco Valeiras González gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

Dotado con 2.500 euros e a publicación da obra, este premio convócao o Concello de Dodro

22 novs 2020 . Actualizado ás 05:05 h.

Francisco Valeiras González, Quico, é o gañador do XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, co poemario Urda. Dotado con 2.500 euros e a publicación da obra, este premio que convoca o Concello de Dodro, foi fallado por un xurado coordinado por Elvira Ribeiro e composto por Ana Belén Salgado, Antón Blanco , Míriam Ferradáns e Iolanda Pérez, co alcalde, Francisco Xabier Castro, como presidente, e Xoán Xosé Vicente, concelleiro de Cultura, como secretario.

O xurado destacou da obra gañadora que «procura espazos aínda pouco transitados na nosa literatura, singularmente no territorio do pensamento».

Tras fallar o premio, os membros do xurado realizaron unha ofrenda floral no cemiterio de San Xián de Laíño, onde repousan os restos do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón.