Hemeroteca | 1995 | O Compostela apabulla ao Deportivo ao gañar por 4-0

La Voz

SANTIAGO

MERCE ARES

Os goles foron de Fabiano, José Ramón e Ohen

10 sep 2020 . Actualizado ás 04:55 h.

O Compostela e o Deportivo protagonizaban hai 25 anos un derbi na máxima categoría do fútbol español no que os santiagueses gañaron de forma contundente aos herculinos: 4-0. O Compostela dominou de principio a fin a un esvaecido e desmembrado rival, que mesmo puido ter encaixado máis tantas na fase final do encontro. Os goles levaron a firma de Fabiano en dúas ocasións, e de José Ramón e Ohen.

A escuadra dirixida entón por Fernández Vázquez bateu á de Toshack coas mesmas armas que esta esgrimira ata entón de xeito maxistral: combatividade, velocidade, anticipación e mellor disposición táctica no campo.