«A esmorga» abrirá o ciclo de «Adaptacións de cine» da SGAE

La Voz

SANTIAGO

07 dic 2019 . Actualizado ás 04:55 h.

A Fundación SGAE iniciará o día 15 o ciclo Adaptacións de Cine, que estará dedicado á proxección de películas baseadas en obras literarias. Nese primeiro pase exhibirase A esmorga, dirixida por Ignacio Vilar, que adapta a novela homónima de Eduardo Blanco Amor. A proxección será ás 18.00 horas e a entrada custará 2 euros.