As entradas para o Compos-Alavés B custarán dez euros e os abonados pagan a metade

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

Os menores de idade accederán gratis, pero deberán retirar unha invitación

22 may 2019 . Actualizado ás 20:58 h.

O partido de volta entre o Compostela e o Alavés B xa ten data, hora e prezos das entradas, que se poñen á venda nas oficinas do club a partir deste xoves. Xogarase o domingo 2 de xuño ás 19.30.

Haberá un prezo único para os adultos, de dez euros. Os socios tamén terán que pasar por despacho de billetes para pagar a metade. E deberán facelo antes do mércores para conservar a reserva de asento. A partir do xoves o suplemento segue sendo de cinco euros, pero a localización xa non será a habitual senón a que corresponda á entrada. Mesmo pode darse o caso de que sexa en preferencia, xa que se se esgotan as de tribuna abrirase esa bancada.

Os menores de idade non pagan, pero deben retirar unha invitación para acceder ao estadio.