Aprobación definitiva do proxecto da depuradora

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Hai 36 anos o Concello recibía a confirmación da Confederación Hidrográfica

10 dic 2018 . Actualizado ás 05:10 h.

O xornal informaba tal día como hoxe, hai 36 anos, de que a Comisión Municipal Permanente examinara a aprobación definitiva do proxecto de construción da depuradora de Silvouta por parte da Confederación Hidrográfica do Norte de España. O complexo estaba en funcionamento, pois se inaugurou en novembro, tras demorarse. Comezou a prestar servizo con problemas desde o inicio, e en apenas 6 meses xa se empezaría con xestións en Madrid para a súa ampliación. Actualmente segue quedando escasa e discútese como ampliala ou substituíla.