Amal baixa o pano cun documental sobre os campamentos de inmigrantes

La Voz

SANTIAGO

Paco Rodríguez

A Semana de Cine Euroárabe proxecta hoxe «Os saltadores» e o longametraxes «Zagros»

26 oct 2018 . Actualizado ás 04:50 h.

A proxección do documental Os saltadores, dirixido polo alemán Moritz Siebert e o danés Estepahn Wagner, coa codirección do maliano Abou Sidibe, porá fin hoxe á décimo sexta edición da semana de cine euroárabe Amal. Trátase dun documental gravado en primeira persoa por Abou Sidibe, que relata os seus últimos catro meses no Monte Gurugú de Marrocos, o seu salto do valo e a súa entrada no Centro de Internamento de Estranxeiros de Melilla. O filme trata de mostrar ao espectador o drama que viven os inmigrantes á espera dunha oportunidade para saltar o valo. Completa a última xornada a longametraxe Zagros.