O arousán Ramón Neto gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

santiago / a voz

SANTIAGO

14 dic 2014 . Actualizado ás 05:00 h.

Ramón Neto (Illa de Arousa, 1975) gañou a decimoséptima edición do premio Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro, por Zonas de Tránsito. O fallo difundiuse onte. A maioría do xurado valorou «a boa estruturación e a eficaz progresión temática, que bebe de lecturas de tradición xermana como Paul Celan e Höldering». O galardón ten unha dotación de 2.300 euros e a edición do poemario.

Neto gañou con anterioridade outros certames de poesía galega, como o Pérez Parallé (2009), o González Garcés (2012) e o Illas Sisargas de poesía erótica (2013).

Nesta ocasión o xurado que escolleu o seu traballo coordinábao Xabier Castro Martínez, e estaba integrado por Berta Dávila, Armando Requeixo, Román Raña, Gonzalo Hermo, e a edila de Cultura de Dodro, Cristina Codesido Fernández.

Antes do fallo lembrouse a Eusebio Lorenzo Baleirón no cemiterio de San Xián de Laíño, nun acto no que participaron os membros do xurado, Paulino Vázquez; o alcalde, Valentín Alfonsín; e Manuel Lorenzo Baleirón, irmán do autor que dá nome ao premio.