Compostela ten un nariz de ouro

amada alves

SANTIAGO

17 feb 2011 . Actualizado á 09:45 h.

1 O Nariz de Oro é compostelá. De 62 catadores que competiron na cuarta semifinal do certame clasificáronse cinco para a final estatal que se celebra en xuño, e Eva Pizarro, do restaurante Acio, logrou o título á mellor catadora desta fase. Con Eva clasificáronse Juan Ignacio Gómez, do hotel A Vega e Noemí Martínez, do restaurante Trigo, ambos de Valladolid; Rubén Palomares, de Makro Madrid e Francisco J. Pozo, de Casa Jacinto, de Madrid. Identificaron polo olfacto un viño nunha copa negra. E era un Azpilicueta.

2Un deportivo único no mundo, unha moto BMW da II Guerra Mundial ou o Fórmula 1 de Nelson Piquet son tres exemplos das marabillas que se poderán ver entre mañá e o domingo en Amio no primeiro Salón do Vehículo Clásico e de Época de Galicia. Diríxeo José Enrique Elvira, que o presentou co director do recinto de Amio, José Luis Hevia, e o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada.

3El concelleiro Xosé Manuel Iglesias percorreu a cidade para entregar as bandas do concurso de escaparatismo. A dona de Castelcan, en García Prieto, recibiu a do primeiro premio. a segunda banda foi para a tenda Pérez Antolín, no 24 de República Arxentina, e a terceira para Seguridade A1, no 29 da mesma rúa.

Clásicos e de época

O mellor escaparate