Francia: campioa e candidata

BREOGÁN BLANCO FÚTBOL CON-CIENCIA

QATAR 2022

Rodrigo Jiménez | EFE

04 dic 2022 . Actualizado á 20:57 h.

Francia presentábase ao partido tras as dúbidas no duelo ante Tunes, froito das rotacións e pola baixa de homes crave. A pesar diso a escuadra gala aparecía nos top 5 de ránkings ofensivos: goles, tiros a portería, centros rematados, pases clave exitosos e un 65% (líderes) das disputas defensivas gañadas, deixando claro a súa orde e intensadad. Nas Aguias Brancas, con todo, estadísiticamente falando, só Szczesny destacou, co maior número de paradas. Bloque alto polaco, dificultando a zona de inicio aos franceses (débiles en creatividade?) e cos galos demostrando o seu potencial no balón parado (xG 0,19 no minuto 5), afundindo aos poucos as liñas polacas con internadas do terceiro xogador con máis un contra un exitosos tras Musiala e Messi, Kylian Mbappé. Por fin apareceu Lewandowski no minuto 20, con Polonia comezando a «dominar» (42% no primeiro tempo) e Francia dando un paso atrás para transitar, chegando así un remate de Giroud (xG 1,20) tras unha contra liderase por Dembelé no 30.

Os galos sufrían nas zonas laterais polas poucas axudas dos extremos. O comido polo servido, Kylian volvía xerar da nada e os polacos tiveron 3 opcións na mesma xogada, que Lloris e Varane acabaron por desbaratar (elevando o xG a 0,63). Cando a primeira parte agonizaba, Giroud puxo o 0-1 tras unha sensacional asistencia de Mbappé, e superaba a Henry como máximo goleador da historia dos Bleus.

A segunda parte comezaba con dominio morno dos de Michniewicz, e os de Deschamps buscando aos seus extremos ao espazo, sen complicacións, coa seguridade de que o seu xogador diferencial rompería o partido cando fose necesario, minando a resistencia polaca en bloque baixo, asediada en todo momento por Francia (27 centros e 46 entradas en terzo rival no 65)

E rompeu por partida dobre (min 74 e 91), primeiro noutra transición liderada por Giroud, recibiu o mellor xogador do mundo, puxo o 0-2 ao ángulo curto no seu cuarto tiro (xGOT 0,15), segundo noutro marabilloso disparo desde o perfil esquerdo (xG 0,04 xGOT 0,50) que o colocan como máximo goleador en solitario do Mundial, sumando o noveno gol en dúas participacións no torneo, con 23 anos. Lewy errou o seu segundo penalti neste torneo no 95, pero tivo opción de transformalo tras adiantarse Lloris no fallo. Decente Polonia. O elixido é Kylian.

EN NÚMEROS: 

                               FRANCIA       POLONIA

Ránking FIFA                    4                     26

Mundiais (22)                15                       8

Partidos en Mundiais 119                     57

Sistema de xogo 1-4-3-2-1          1-4-1-4-1

Goles en xogo dinámico 3                      0

Goles balón parado         0                       1

% Posesión de balón     47                     41

Duración media posesións 21              21

Número de pases         592                   487

Pases en campo rival  275                   158

% Precisión no pase 87                     86

Perdas                        57                     66

Recuperacións en campo rival 7        7

Centros                       20                       11

Centros rematados    4                          5

Saques de esquina   7                           1

Chegadas ao último terzo 40                 30

Tiros                        16                           12

Tiros a portería        8                             3

Tiros bloqueados    3                             5

xG (Goles agardados) 1,36               1,76

xG en xogo dinámico 0,87               0,86

xG en accións a balón parado 0,49 0,11

xGOT (Goles agardados a portería) 2,12  1,02

MVP           Mbappé            Lewandowski

Breogán Blanco é membro do Grupo Interuniversitario de Investigación en Fútbol