Investigan un roubo con forza na piscina de Sanxenxo

La Voz SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

La piscina municipal de Sanxenxo está ubicada en Baltar, en Portonovo
A piscina municipal de Sanxenxo está situada en Baltar, en Portonovo Non dispoñible

Unha porta forzada e unha fiestra aberta lenvantaron as sospeitas da Policía Local durante unha rolda de vixilancia nocturna

04 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A piscina municipal de Sanxenxo foi escenario a pasada madrugada dun roubo con forza que deixou notables danos nas instalacións. A Policía Local, durante unha rolda de vixilancia nocturna, detectou que a porta principal estaba forzada e unha fiestra aberta, o que levantou as primeiras sospeitas.

Ao acceder ao interior, os axentes comprobaron que a caixa rexistradora desaparecera. Pouco despois, apareceu tirada no exterior do recinto, aínda que sen os aproximadamente 150 euros en metálico que contiña, procedentes de pagos de usuarios. Ademais da subtracción, rexistráronse danos na porta de entrada, unha fiestra e unha máquina expendedora.

A investigación está agora en mans conxuntas tanto da Policía Local e como da Garda Civil, que traballan para identificar os responsables. Ambos os corpos solicitaron a colaboración cidadá por se alguén puidese achegar información sobre o ocorrido.

Abandono de residuos

En paralelo, a Policía Local de Sanxenxo resolveu outro incidente relacionado co abandono de residuos en Soutullo. Un veciño depositara onda un colector 16 colchóns, 53 caixas de bebidas, varias cadeiras, tumbonas, un cabecero de cama e restos de materiais de obra, entre eles uralita. O responsable comprometeuse a retirar os refugallos mediante unha empresa especializada, aínda que se enfronta a unha sanción por incumprir a ordenanza municipal de Medio Ambiente.