Pontevedra acollerá en abril a primeira xornada da Liga Feminina

La Voz PONTEVEDRA/ LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

S.B.

08 feb 2018 . Actualizado ás 05:05 h.

A nova presidenta da Sociedade Ximnástica, Charo Castro, asumiu este anos as rendas do club, dando a substitución ao histórico Ramón Touza. Onte o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, recibiu aos dous no Concello para agradecer o traballo feito nestes anos en favor do atletismo galego e pontevedrés. A Ximnástica deu un paso máis no impulso do deporte feminino e xa ten unha data sinalada no calendario. O próximo mes de abril, a cidade acollerá a primeira xornada da Liga Feminina, no que as atletas do club competirán coas doutros equipos, como o Celta , Piélagos e Tenerife.

Charo Castro sinalou onte que asumiu a presidencia co triplo reto de «coidar e incrementar a base, coidar ao equipo masculino ?na máxima categoría? e impulsar ou traballo co equipo feminino para tratar de acadar a máxima categoría». Pola súa banda, o responsable municipal deu ánimos nesta nova andaina ao sinalar que «é unha substitución xeracional, unha substitución normalizada». Fernández Lores aproveito a recepción, na que estiveron presentes a concelleira de Deportes, Anxo Riveiro, e o responsable do servizo municipal de Deportes, Jaime Agulló, para lembrar a «exitosa» traxectoria que levou o club desde a súa fundación.