
Os veciños lograron sufocar as chamas cun extintor
21 oct 2025 . Actualizado á 13:12 h.A noite deste pasado luns unha veciña de Poio resultou afectada por inhalación de fume e tivo que ser trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra despois de declararse un incendio na cociña da súa vivenda, situada na avenida da Barca, confirmaron desde o 112. Precisaron que o suceso tivo lugar ao redor das 22.40 horas cando un particular alertoulles telefonicamente de que «ardía a cociña da súa veciña».
De igual modo, confirmoulles que, aínda que «lograran sufocar as lapas cun extintor, (...) a muller precisaba asistencia sanitaria».
Á vista destas informacións, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargou do trasladou da muller ao centro hospitalario de referencia, así como se deu aviso aos Bombeiros de Ribadumia, ao GES de Sanxenxo, á Garda Civil e á agrupación de voluntarios de Protección Civil de Poio.