Dan o alto a un condutor por exceso de velocidade en Poio e detense no control fumando un porro
![Alfredo López Penide](https://img.lavdg.com/sc/NKpMGimiaSDk5tloIymUM6TzPsk=/75x75/perfiles/175/1623322863108_thumb.jpg)
POIO
![](https://img.lavdg.com/sc/XFOnLHRttzID_EmWdT_1Y8cm6Hg=/480x/2024/04/19/00121713541562396530740/Foto/P_20240419_173344000.jpg)
Foi denunciado pola velocidade e a tenencia da substancia estupefaciente, e o seu vehículo foi inmobilizado
19 abr 2024 . Actualizado á 17:47 h.Este mesmo venres, un condutor foi denunciado pola Policía Local de Poio por conducir con presenza de drogas no organismo. Desde a Xefatura municipal precisaron que os axentes deron o alto a esta persoa no transcurso dun control preventivo de velocidade inadecuada na zona de San Salvador.
Ao parecer, excedera a velocidade permitida «e chegou circulando ata o control fumando un porro». O policía actuante comprobou que efectivamente se trataba dunha substancia estupefaciente, polo que procedeu á súa incautación.
De igual modo, requiríronlle para que realizase o test salivar de drogas dando positivo. Á vista destes feitos, desde o corpo apuntaron que se trata dunha infracción que «supón unha multa de 1.000 euros e a perda de 6 puntos do carné».
Ademais do exceso de velocidade, «propúsose á Subdelegación do Goberno en Pontevedra por consumir sustancias na vía pública», mentres que o vehículo quedou inmobilizado.