Coreografías estudantís polo Día de Europa

Cristina Barral Diéguez
cristina barral PONTEVEDRA / LA VOZ

POIO

EMILIO MOLDES

Alumnos dos IES Valle-Inclán de Pontevedra e de Poio despídense como escolas embaixadoras

10 may 2018 . Actualizado á 08:32 h.

«Aprenderon tanto que xa saben o que se coce alí». Alí é o Parlamento Europeo e os que aprenderon tanto son os alumnos de 4º da ESO do IES Valle-Inclán de Pontevedra que durante este curso participaron nun proxecto como Escola Embaixadora Júnior do Parlamento Europeo. Quen o di é a súa profesora de Educación Física Ana Santos, coordinadora da iniciativa. Foron meses de traballo, de charlas e de aprendizaxe e este mércores tocaba pór o broche celebrando o Día de Europa. Algo que tamén fixeron un grupo de estudantes do IES de Poio, que comparten o título de escola embaixadora.

En Pontevedra, a xornada matinal desenvolveuse dentro e fóra do instituto. Dentro houbo explicacións e cancións en varios idiomas, e no paseo de Montero Ríos unha coreografía á que os alumnos lle puxeron moitas ganas. Ataviados con camiseta branca e pantalón vaqueiro, bailaron ao ritmo do himno de Europa, interpretado por once músicos de diferentes cursos, con arranxos muñeirados e apoiados en paraugas azuis, amarelos e brancos. En xuño saberán se se van a Bruxelas.

En Poio, os estudantes do instituto optaron por un flasmob e carteis en varios idiomas.