O carballés Kobas proclámase pentacampeón galego de Rallymix

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CUNTIS

,

Javier Ramilo remontou en Cuntis e logrou o seu quinto título autonómico

22 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O carballés Javier Ramilo Queijo (1981), e coñecido por todos os amantes do motor en Galicia como Kobas, acaba de cultivar un novo fito no seu palmarés. O veciño da parroquia de Sofán conquistou Cuntis esta fin de semana e proclamouse pentacampeón galego de Rallymix.

Logrouno, ademais, tras unha remontada memorable que lle fixo remontar máis de vinte segundos que perdera na primeira manga do evento en Cuntis. De feito, a pugna polo triunfo mantívose ata o último tramo, con Pisko póndolle as cousas moi complicadas ao carballés.

Kobas xa gañara o título autonómico no 2018, 2019, 2021 e 2022. Agora, repite tras unha tempada moi esixente e na que demostrou ser o mellor.