O fulgor dos Magos nos fieitos pardos

Gonzalo Trasbach
Gonzalo Trasbach (IN) SOMNIUM

CAMPO LAMEIRO

BASILIO BELLO

07 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Nos primeiros días dá cada Aninovo, acendíase a nosa capacidade inventiva e con ela a nosa fantasía. Nesas datas dá nosa nenez imaxinabamos vos moi diversos vieiros que vos Meigos de Oriente podían escoller para achegarse atei vos nosos modestos fogares. Así, fantasiabamos coa idea de que primeiro entraban a través de Brión, logo de cruzar a Pedra dá Mina, a fonte de Berres e, ao acadar as Arrañadas, dobraban pola corredoira cara ou campo lameiro dous olmos. E despois para acceder ao Souto tomaban a travesía de Faldexín de Abaixo. Entre vos carballos sementaban un rastro, unha especie de fulgor que brillaba nos anoiteceres por amais dous fieitos pardos: cor invisible dá súa pegada. E ise calor só ou percibiamos nós, vos que gardabamos non noso caixón imaxinativo ou resplandor prateado que sempre locen as escamas dás sardiñas dende hai milleiros de anos e que tamén visionabamos nas máxicas noites do lume de San Xoán.

O brillo das luminarias sobre os fiúnchos nos bordos da pasantía pasaba desapercibido para todos, agás para nós, pois viamos a través dos ouvidos, unha arte de facer visible o invisible na que nos adestrara os sentidos un vello e paciente cazador veciño da eira dos Torrado. El aprendera a cultivala cando ía aos raposos. Segundo contaba o sabio cazador, a raposa cando estaba no tobo, facía visible o vento cando este asubiaba ou roncaba entre piñeiros e xestas. Esta fora a primeira ensinanza.

A segunda consistira en percibir as luminarias verdeprateadas cos ollos. Os nosos non son redondos, nin amarelos coma os do animal terror dos galiñeiros, pola contra responden ás variacións da luz. Ademais aprendeunos a vislumbrar na penumbra aquela luzada mediante a imaxinación, empregando imaxes que proxectabamos nas pantallas das nosas cabeciñas, como esa que che recorda a presenza na casa do voso pequeno Loisiño.

Tamén usabamos os nosos fracos e maleábeis corpiños, os que nos servían para adentrarnos entre os fentos e así medir e comparar a nosa altura coa deles, como faciamos cando camiñabamos entre os campos de avea e só se nos vía un penisco dos flocos do pelo das cabezas.

Antes de que os Magos, que viñan dun Oriente onde arestora morren os nenos coma se fosen moscas diante da nosa máis absoluta indiferenza, gabearan os faiados para introducir polas chemineas os regalos ou xoguetes, que caían logo sobre a borralla da lareira, nós permaneciamos insomnes nas nosas camas toda a noite e imaxinabamos que xa andaban polos outeiros dos Miñortos. E sabiámolo porque escoitabamos o vento miañando mequeiro coma un gato entre as trementes mimosas nos lindeiros, onde quedaban pacendo os camelos, mentres os soberanos orientais ían de tellado en tellado repartindo os regalos. Mesmo se algún destes era unha peza de negro carbón, reservada para os que nos tiñamos portado mal, era prezada, aínda esta ás veces se confundise co cacho dun tizón da fogueira da noite anterior.

Ás veces ideabamos un mapa imaxinario cos sendeiros que os Magos percorrían polos arredores das aldeas veciñas. E entón cubriamos os trazados montados en zancos de varas de loureiro. E mesmo nas toxeiras rebuscabamos entre xestas, toxos e silvas por se atopabamos algún sinal do paso dos monarcas e dos seus camelos.

Mais só ao atardecer albiscabamos o resplandor sobre os fentos secos. E era entón cando viamos o brillo do fulgor do seu paso fuxitivo. Dende aquela transcurriran uns anos até que escoitamos a lenda de que unhas mulleres de bastante idade viran nun anoitecer os Reis arribar nun racú á praia de Agüeiros. Elas confundiran a brillantez da luz cos lóstregos dunha tronada obre o mar do Bodión. E mentres, nós eramos felices buscando un sinal da súa travesía por amais dos piñeiros e carballos do aire de Faldexín.