A música de Xurxo Estévez Trío, no Outono de Jazz de Pontevedra

PONTEVEDRA

O contrabaixista Xurxo Estévez
O contrabaixista Xurxo Estévez

A actuación está programada para as 12.00 horas na Praza da Peregrina

07 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras a sesión inaugural deste sábado, o ciclo Outono de Jazz programou para este domingo na Praza da Peregrina (12.00 horas) —trasladarase ao palco da música da Alameda, no caso de choiva— o concerto de Xurxo Estévez Trío. Este contrabaixista de Cotobade rodease do guitarrista vigués Guillermo Guerrero e do batería ponteareano Miguel Ferrer para amosar o seu estilo dinámico, potente e divertido.

De feito, dende o Seminario Permanente de Jazz (SPJ) destacan que, dentro do seu repertorio, «podemos encontrar tanto temas clásicos da tradición jazzística como blues, temas modernos e composicións orixinais ofrecendo así un amplo abano de cores e sonoridades».