A información e a desinformación ao redor da saúde e o benestar serán obxecto de debate en Pontesan
PONTEVEDRA

A feira celebrarase na praza de España de Pontevedra os días 25 e 26 deste mes
10 sep 2025 . Actualizado á 14:45 h.Pontevedra acollerá os días 25 e 26 deste mes unha nova edición da feira da saúde e o benestar, Pontesan, que volverá a «reivindicar a sanidade pública» ademas de ser «un espazo de encontro das asociacións socio-sanitarias», segundo apuntou este martes a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías (BNG), na súa presentación.
Como xa é habitual, a feira conxugará a parte expositiva e informativa cun amplo programa de actividades lúdicas, charlas e talleres formativos. Prevese a participación de medio centenar de asociacións socio-sanitarias, colexios profesionais e clubs deportivos participarán nun evento que organiza o Concello de Pontevedra e a delegación galega do Consello Español para a Defensa da Discapacidade, Dependencia e as persoas maiores (CEDD-Galicia), e que conta coa colaboración da Consellería de Sanidade.
O experto internacional en xenética e director dá Fundación Galega de Medicina Xenómica, Anxo Carracedo, será un dos relatores estrela desta edición de Pontesan. Abrirá o programa cunha charla sobre Xenética dos trastornos psiquiátricos.
Ademais, nesta edición quérese pór o foco na información e desinformación ao redor de asuntos relacionados coa saúde. Este tema será obxecto dunha mesa de debate o sábado 27, que estará moderada por Juan de Sola (Onda Cero) e contará coa participación de Tamara Montero (La Voz de Galicia), Laura Filloy (gciencia.com) e Ana de Luis (Prensa Social).
Neste sentido, María Jesús Monterde, presidenta de CEDD-Galicia, referiuse a que «hoxe temos moita información circulando e tamén moitas trolas e nesta marco as redes sociais para ben e para mal, xogan un papel fundamental». Precisamente por iso, e tamén para pór a Pontesan no «mapa dixital», tamén esta prevista a participación de tres «influencers» que suman varios millóns de seguirdores: @tonifero, @nuskachousa e @medicilio.