O técnico recoñece que «nos fixeron gol con moi pouco» na primeira xornada a domicilio
07 sep 2025 . Actualizado á 23:25 h.O Céltiga pecha a xornada da súa volta a Terceira con mal sabor de boca despois de ver como o Atlético Coruña Montañeros rendibilizou as poucas ocasións que tivo. O porteiro local converteuse na arma do equipo na recta final. Tres mans milagrosas evitaron o empate dos da Illa cando xa estaban a cantar gol.
Foron capaces de adiantarse no marcador e cando máis controlado tiñan o partido, chegou o tanto do Montañeros. Co 1-1 enfilan o túnel de vestiarios e a seis minutos da continuación, Pape rematou a menos dun metro da portería en segunda xogada tras unha acción a balón parado. O adestrador do Céltiga, Luis Carro, recoñeceu tras o encontro que «nos fixeron gol con moi pouco. Pagamos a novatada».
FICHA
CÉLTIGA: Marco, Samuel Rey, Achore Sánchez, Unai Peón, Mauro (Iago López, min 18), Varela (Jorge Cano, min 64), Jorge Otero (Miguel, min 77), Barbolla, Ogando (Diego Rodríguez, min 64), Pape Gaye e Álex Suárez (Jonathan, min 64).
ATLÉTICO MONTAÑÉS: Antón Pérez, Figueroa (Arnosi, min 61), Martín Sánchez, Casás (Guillermo, min 86), Giráldez (Sobrido, min 75), Álex Rodríguez, Nicolás do Rio, Óscar Iglesias, Adrián, Julio Rey (Marcelo, min 86) e Llanos (Marcos, min 61).
GOLES: 0-1, min 20: Adrián Rodríguez, 1-1, min 41: Pape Gaye. 2-1, min 51: Pape Gaye.