«Unha vaixela, unha premonición», de Marta Fernández Calvo e Su Garrido Pombo emociona ao público na Bienal

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Performance de «Unha vaixela, unha premonición», en la Bienal de arte de Pontevedra
Performance de «Unha vaixela, unha premonición», en la Bienal de arte de Pontevedra cedida

La performance se celebró en el claustro del Edificio Sarmiento

05 jul 2025 . Actualizado a las 11:15 h.

O claustro do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolleu a noite do venres a performance Unha vaixela, unha premonición, da artista Marta Fernández Calvo, coa colaboración da cantante viguesa Su Garrido Pombo, dentro da programación de artes vivas da Bienal de Arte de Pontevedra. A acción escénica activou un arquivo emocional tecido arredor do alimento, a memoria e os coidados, a través dun traballo coral de palabra e son que conectou profundamente co público asistente. Nin a forte calor que fixo durante a noitiña restou emoción a una das actividades programadas dentro da Bienal. 

A proposta, comisariada por Iñaki Martínez Antelo, destacou pola súa intensidade e delicadeza, e confirma a aposta da Deputación de Pontevedra pola promoción da arte contemporánea e a cultura en todas as súas manifestacións.