Un dos grandes tributos a Dire Straits sóbese ao escenario de Afundación en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

As entradas pódense adquirir a través de Ataquilla a un prezo de 36 euros

25 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Tras percorrer distintos escenarios de Alemaña, Holanda, Francia, Portugal, Andorra, Luxemburgo e España, este sábado, a partir das 20.30 horas, o escenario do auditorio de Afundación acollerá a actuación de bROTHERS iN bAND e o seu espectáculo The Very Best of dIRE sTRAITS. Este espectáculo transportará aos asistentes « na súa particular máquina do tempo a través dun seleccionado, coidado e amplo repertorio que pertence xa á memoria colectiva de varias xeracións, sendo recoñecidos a nivel europeo polo público como un dos mellores shows homenaxe a dIRE sTRAITS da actualidade».

As entradas pódense adquirir a través de Ataquilla a un prezo de 36 euros.