Protección Civil Oitavén-Tea dará servizo a seis concellos

Alfredo López Penide
L. Penide A LAMA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

16 may 2024 . Actualizado á 16:53 h.

Este xoves, o Castelo de Soutomaior foi o escenario no que os alcaldes deste concello pontevedrés, Mondariz, Mondariz Balneario, A Lama, Cobelo e Fornelos de Montes asinaron o convenio da agrupación de Protección Civil Oitavén ? Tea, «unha agrupación, que nace froito dun gran acordo entre alcaldes, e conten un importante incremento de recursos e persoal, o que a súa vez suporá a mellora da prestación de servizos».

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

Deste xeito, os seis concellos «pasarán a ter un operativo de Protección Civil con máis de trinta voluntarios, unha cifra que se incrementará nos vindeiros meses coa incorporación de novos voluntarios», engadiron.