Exposición de Esperanza Arrondo en Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

XOAN CARLOS GIL

11 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata o 31 de maio a galería Musart de Pontevedra acolle unha exposición con obras de Esperanza Arrondo, quen, «ao longo dunha vida dedicada á danza, foi capaz de combinar esta paixón coa pintura e a escritura». A súa obra pictórica caracterízase por «un ambiente cheo de cor e texturas, onde a natureza e as paisaxes urbanas mestúranse para adaptarse» ao seu particular estilo.