A selección feminina de fútbol visitará a sede da Deputación de Pontevedra co trofeo de campioas do mundo

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

David Aliaga / RFEF | EFE

A Administración provincial deu luz verde a un patrocinio de douscentos mil euros para o encontro que disputará en Pasarón

17 novs 2023 . Actualizado ás 16:13 h.

Este venres, a xunta de goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde, por importe de 200.000 euros, ao patrocinio do encontro de fútbol que disputarán o 1 de decembro en Pasarón as seleccións femininas de España e Italia. É unha actuación enmarcada en , «unha aposta polo deporte femenino»remarcou Rafa Domínguez.

O vicepresidente provincial precisou que, con este acordo coa Federación Española de Fútbol, a Deputación terá «unha amplia presenza no partido. Vamos ter spots no marcador, doce minutos de presenza no circuito televisión, inserción da imaxe institucional na peana, no taboleiro de alineaccións, no arco de saída, material noso nas zonas VIP, reservar un espazo na fanzone e a aparición nas redes sociais da federación».

De igual modo, Domínguez desvelou que a selección española feminina visitará a sede institucional da Deputación de Pontevedra co trofeo logrado no pasado Campionato do Mundo en Sídney, Australia ,tras vencer na final a Inglaterra por 1-0. En todo caso, o vicepresidente aínda non puido concretar a data da visita, así como se está será aberta ao público ou se, pola contra, será un acto privado.