Antonio Fernández: «O Pontevedra CF un partido ordenado e por momentos desesperamos ao Castela»

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Tomas Garrido LOF

O técnico granate cre que o desaloxo do campo prexudicou ao equipo

06 nov 2022 . Actualizado á 20:06 h.

Antonio Fernández saíu desencantado co resultado, pero non tanto co xogo que despregaron sobre o Alfredo di Stefano os seus xogadores. «Creo que fixemos un partido baseado na orde táctica e en minimizar as virtudes do Castela, que se desesperou por momentos. Faltounos oficio na expulsión e cun menos se nos puxo costa arriba», sinalou Antonio Fernández ao termo do encontro. Recoñece que o gol chegou tras unha boa acción nun momento no que non estiveron atentos a ese segundo balón. O míster cre que incluso o parón chegou nun mal momento para o equipo, que tiña previsto os cambios de Yelko Pino e Sergio Abal. «Tiñámolos preparados e non saíron do todo ben», apuntou Fernández: «Non sei que pasou para que houbese un parón, creo que non nos veu ben porque estabamos activos no partido». Coa continuación chegou a expulsión de Luis Martínez e o gol de Arribas.

Unha nova derrota mantén ao Pontevedra na zona de descenso. Ante as preguntas sobre o risco de que a afección e o directiva empezo a porse nervioso pola crise de resultados, o míster está tranquilo. «Vimos de gañar e agora perdemos fóra de casa, pero tivemos un resultado positivo ata o minuto 85. Estamos orgullosos do traballo que fixo o equipo, non tivemos unha boa bagaxe ofensiva, pero si estivemos moi ordenados para castigar ao Castela», subliña Fernández, que por amais de todo, pide «tranquilidade e seguir traballando». O responsable técnico do equipo recoñece que seguindo esta liña, chegarase á vitoria fóra de casa, porque cre que en Pasarón xa conta cun equipo forte.

A próxima semana tocará descansar en liga para xogar a competición de Copa do Rey, que non chega no mellor momento para o conxunto granate. A pesar diso, Antonio Fernández advertiu no Alfredo di Stefano de que intentarán compaxinar da mellor forma as dúas competicións a partir do próximo sábado.