Sánchez, Egea, Casado e outros mozos do colchón

Iago García
Iago García REDACCIÓN | LA VOZ

PODCAST

pixabay

O carrusel infinito de propaganda electoral éncheo todo. Pero os lemas e vídeos quedan eclipsados polo «Bricomanía» de Sánchez cando chegou á Moncloa. Un xiro á actualidade no noso podcast

20 feb 2019 . Actualizado ás 20:48 h.

ESCOITA O noso PODCAST BAIXO ESTA LIÑA

Coñécelo de oídas

A España que queres... xa temos o primeiro vídeo da campaña das xerais. Grazas por un carrusel infinito de propaganda ata o verán. O lema do PSOE para o 28 de abril é «a España que queres». Aínda que hoxe que saía á venda o libro de Pedro Sánchez, o que sabemos é o que el non quería. Cambiar o colchón do seu cuarto na Moncloa foi a primeira decisión que tomou como presidente. Claro, a saber como estaban eses peiraos. Co musculado torso de Aznar, o alto que era Zapatero e que Rajoy o queimou cos seus puros estaría xa para o arrastre... Escoita ao completo noso podcast dándolle ao play.

Hoxe en La Voz

As eleccións creban o consenso para a reforma das pensións

O adianto electoral provocou que se paralice a Comisión do Pacto de Toledo . Ou o que é o mesmo, o organismo parlamentario que garante as pensións, deixa de funcionar. Non haberá máis encontros e a lexislatura acabará sen acordo entre as forzas políticas. O bloqueo de PP e Podemos apraza o acordo ata despois dos comicios.

Romeva e Turull, un «preso político» e o «encarcerado inxustamente»

O xuízo polo referendo secesionista continúa no Tribunal Supremo. Hoxe, o exconsejero de presidencia, Jordi Turrull dixo que non se empregaron fondos públicos o 1 de outubro de 2017 e non considera que teña cometido delito. O conselleiro de acción exterior, Raül Romeva, seguiu a liña marcada por Oriol Junqueras na primeira xornada do xuízo, considerándose un «preso político». As eleccións adiantan á semana que vén declaracións de testemuñas crave, entre eles Mariano Raloy, Soraya Sáez de Santamaría e Ada Colau.

Cárcere para o home que atropelou a outro adrede na Coruña

26 anos de prisión para o home que atropelou a tres novos e matou a un deles no paseo marítimo da cidade herculina. O acusado habíase pelexado cos afectados nun pub da zona do Orzán e ao velos cruzar a vía por un lugar non habilitado para peóns, invadiu o sentido contrario e dirixiu o seu coche contra eles. O xurado considera que os feitos se executaron co propósito de acabar coa vida dos mozos.

A Javier Ardines matárono por celos, non por intereses políticos

O asasinato do concelleiro do municipio asturiano de Llanes, Javier Ardines, foi por celos e non tivo unha motivación política. Os investigadores detiveron hoxe ao marido dunha prima segunda da súa esposa, Pedro N. A. Tería sido o inductor do crime, tras descubrir que Ardines mantiña unha relación sentimental coa súa muller. Encargou a dous sicarios, tamén detidos, que o matasen.

70.000 euros de indemnización por asistir mal o seu embarazo

O Servizo Galego se Saúde deberá indemnizar con 70.000 euros a unha parella que perdeu ao seu fillo por unha deficiente atención no embarazo no Complexo Hospitalario de Vigo. O Tribunal Superior de Xustiza considera que a muller non tivo un seguimento adecuado a pesar de acudir catro veces seguidas a urxencias a partir da semana 35 de xestación.

En boca de

Nai de dous adolescentes, Eva Millet ten dúas claves para educar: amor e límites. «Os límites son unha ferramenta fundamental para ter fillos que saiban ir pola vida», receita a que foi «unha nena mandona», que suspendeu Física e Química en EGB e á que sempre lle gustou nadar e ler.

Tamén para ti

fin de semana de chanclas e bañador

Un ciclón arrastrará aire cálido a Galicia. Desde mañá as temperaturas serán elevadas para a época do ano. Agárdanse máximas próximas a 25 graos. Mira o vídeo.