Unha condutora ebria foxe da Garda Civil en Ames para evitar unha proba de alcol e captúrana preto de Porto do Son

P. C. SANTIAGO / LA VOZ

AMES

XOAN A. ADOITAR

Tras a persecución, a muller tivo que ser reducida pois se resistía a someterse ao etilómetro de precisión cunha «conduta agresiva» e foi detida

20 feb 2019 . Actualizado ás 23:22 h.

Preto de 30 quilómetros chegou a percorrer no seu huída da Garda Civil unha condutora ebria de 43 anos. Trataba de evitar que os axentes lle fixesen unha segunda proba de alcol, tras dar positivo na primeira. Todo sucedeu na noite do venres ao sábado, de madrugada.

Membros do destacamento de Santiago atopábanse facendo un control en Ames , no punto quilométrico 1 da AC-544 (Bertamiráns-Negreira). Cara ás 2.20 horas, un automóbil detívose uns metros antes do punto de control. O seu condutor deu positivo e, cando foi trasladado ao vehículo oficial para confirmar o resultado no etilómetro de precisión, os axentes observaron como o coche do que este saíu acendía as luces e iniciaba a marcha. A súa muller habíase posto ao volante. Conseguiron que non continuase e facerlle, do mesmo xeito que á súa parella, un test de acohol, no que guindou 0,79 mgs/l. Pero, no momento no que se lle informou que debían verificar o dato co etilómetro de presición, esta arrincou de novo o vehículo e emprendeu a huída. 

Unha patrulla foi detrás dela. E, aínda levando acendidas as luces prioritarias, non conseguiu darlle o alto ata preto de Porto do Son, concello no que esta ten a súa residencia. Alí os axentes indicáronlle que debía facer a segunda proba, de verificación, de alcol e esta non só se negou a realizala senón que mostrou unha «conduta agresiva», relata a Garda Civil. A condutora resistiuse e tivo que ser reducida. No forcexo, resultou ferida leve, polo que foi trasladade ao centro de saúde de Noia para ser atendida polo persoal sanitario. 

Á muller impútanselle dous delitos, un contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos do alcol, e outro por resistencia aos axentes da autoridade. As dilixencias do caso foron entregadas no xulgado de garda de Santiago, xunto coa veciña de Porto do Son, que deberá enfrontarse a un xuízo rápido.