O monólito informativo está situado no Parque do Pombal
13 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Parque do Pombal de Xinzo de Limia conta cun novo punto de información turística e ambiental sobre un dos espazos naturais máis emblemáticos da comarca. Trátase dun tótem interactivo, que servirá para divulgar os valores históricos e ecolóxicos das Areeiras dá Limia. A peza instalouse grazas á colaboración do Concello de Xinzo e da Cámara Oficial Mineira de Galicia.
O monólito conta cun código QR que permite acceder desde o móbil a vídeos e información dese espazo natural, recuperade do tras ser explotado. O código escaneado dirixe á plataforma dixital de Patrimonio Xeomineiro de Galicia, que contén vídeos exclusivos e explicacións de especialistas sobre este importante refuxio da biodiversidade. Con esta instalación, o Concello de Xinzo de Limia espera poder achegar o patrimonio natural aos veciños e aos centros educativos utilizando as ferramentas das novas tecnoloxías para descubrir a historia xeolóxica da Limia de forma accesible.