Rescatan a un ciclista que avisou ao 112 alertando de que se precipitou por un barranco en Vilar de Barrio

La Voz OURENSE

VILAR DE BARRIO

Central del 112 Galicia
Central do 112 Galicia SANDRA ALONSO

O ferido tivo que ser trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia

27 jun 2024 . Actualizado á 14:01 h.

Pouco despois das dez da noite do xoves un particular chamou ao 112 Galicia para relatar que se caeu coa súa bicicleta nunha pista forestal de Santa María de Rebordechau, no municipio de Vilar de Barrio. Na chamada o home aseguraba que se atopaba nunha zona de difícil acceso e que se deu un golpe na cabeza durante a caída. 

Así se puxo en marcha un dispositivo que mobilizou un amplo dispositivo de emerxencias ao lugar dos feitos. Desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un vehículo sanitario ata un lugar próximo ao da caída, pero tamén se pasou o aviso aos bombeiros de Xinzo de Limia, ao GES de Laza, á Garda Civil de Ourense e á agrupación de voluntarios de Protección Civil de Vilar de Barrio.

Unha vez no punto do accidente, os servizos de emerxencias confirmaron que localizaran ao home, que se atopaba ferido pero consciente. Puideron mobilizalo na ambulancia do GES ata o lugar no que se atopaban as urxencias sanitarias para que fose atendido polos sanitarios. Tras ser estabilizado, foi derivado ao Complexo Hospitalario de Ourense.