A Deputación de Ourense estuda como redeseñar o funcionamento do Pazo de Vilamarín

La Voz OURENSE

VILAMARÍN

Luis Menor, con Amador Vázquez.
Luis Menor, con Amador Vázquez. CEDIDA

O presidente provincial foi recibido polo alcalde e destacou os investimentos da institución no municipio

15 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Luis Menor, presidente da Deputación ourensá, realizou este martes unha visita institucional ao Concello de Vilamarín, onde foi recibido polo seu alcalde, Amador Vázquez. No acordo abordouse o «novo deseño de funcionalidade» do Pazo de Vilamarín, segundo explica un comunicado.

A Deputación e o Concello están a traballar neste proxecto de forma coordinada. O obxectivo, segundo precisou Luis Menor, é «dotar de actividades culturais, deportivas e lúdicas a este emblemático espacio».

Pazo de Vilamarín
Pazo de Vilamarín MIGUEL VILLAR

O encontro con Amador Vázquez serviu tamén para repasar as diferentes liñas de colaboración existentes entre ambas as entidades. A Deputación, subliñou o seu presidente, investirá máis de 750.000 euros no municipio grazas ao novo Plan CooperOU, de repartición de fondos en base a criterios obxectivos.