
O cigarrón óscar Moredo, José Manso e, a título pósturo, José Luis Carrasco «Chelis» levaron os recoñecementos
11 mar 2025 . Actualizado á 05:00 h.O entroido puxo o punto e final á edición deste ano en Verín cunha gran comida popular na que se recoñeceu o esforzo os protagonistas da festa. Vecinos, participantes de carrozas, comparsas ou cigarrones uníronse para entregar os tradicionais galardóns que distinguen a contribúenos a manter viva a celebración.
O Premio Cigarrón de Honra foi para Óscar Moredo, por levar case dúas décadas mantendo viva a esencia do entroido, participando en todos os desfiles. O Premio Fidelidade foi para José Manso, en recoñecemento aos seus 34 anos de dedicación cos seus orixinais disfraces e carrozas. O Premio Pescadilla entregouse a título póstumo a José Luis Carrasco «Chelis», por dedicar a súa vida á festa de Verín. O galardón foi recollido pola súa viúva, María Jesús Cabido, e os seus fillos Rubén e Susi.
Entregaron os premios os concelleiros Samanta Barreira e Diego Lourenzo. Estiveron acompañados dos pregoeiros desta edición, Jorge, Pablo e Ramón Prieto, ademais de Luisina, viúva do «Pescadilla».