A ampliación nun tramo de catorce quilómetros entre Celanova e Bande está licitada e continúanse os trámites administrativos
04 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Xunta publicou a convocatoria dos actos de expropiación de terreos necesarios para ampliar a OU-540, ao seu paso por Verea. A obra, no tramo de 14 quilómetros entre Celanova e Bande, xa se licitou por seis millóns de euros. Os actos de levantamento das actas previas fixáronse para os días 3, 4 e 5 de marzo, no Concello de Verea, e o 10 e 11 de marzo, no de Bande.